Emil Zátopek comeza a correr de casualidade e dun xeito pouco convencional pero invencible. Tras a guerra, o atleta checoslovaco cambia a fábrica de zapatos na que traballaba polo exército, participa en campionatos que sempre gaña e bate todas as marcas. Alcumado a Locomotora Checa, convértese nun ídolo e nun instrumento de propaganda para o réxime do seu país, ata que a súa figura vai esmorecendo coa idade e cos límites que lle impón o Goberno. Traducido por Moisés Barcia. Jean Echenoz (Orange, 1947) é un dos autores franceses máis recoñecidos. Polo seu primeiro libro, Le Méridien de Greenwich (1979), gañou o Premio Fénéon, o primeiro dunha longa lista que inclúe o Médicis 1983 por Cherokee ou o Goncourt 1999 por Je m’en vais. En 1988 recibiu o Premio Gutenberg como «a maior esperanza das letras francesas», cousa que foi demostrando co tempo grazas á súa obra, na que retrata con mestría personaxes, reais ou ficticios, como ocorre en Courir (2008) ou Ravel (2006).. ____ Editorial: Rinoceronte 01-2026Idioma: GalegoPáxinas: 112FICCIÓN, NARRATIVACONTEMPORÁNEAEUROPA