Premios · Special Mention. Toddler. BolognaRagazzi Awards 2025 Números é un libro para nenas e nenos de 0 a 6 anos que permite un achegamento lúdico ao mundo dos números mediante a estimulación dos sentidos do tacto e da vista. O libro propón unha experiencia de lectura compartida en familia e promove interaccións diferentes que dean alento á imaxinación das nenas e nenos, xa sexa contando os buracos cos dedos, pasando as páxinas, ou despregándoas e creando un espazo de xogo e sorpresa. Números é un libro para dar a coñecer a creatividade e os mundos infinitos que agochan as cifras, para aprender primeiro a contar as follas dun trevo e querer despois contar as estrelas e o imposible. Idiomas: inglés, galego, castelán, alemán, francés, italiano, chino, xaponés e coreano. Ficha técnica Ref: f.19 Título: Números Publicado: 11/11/2024 Idea: Cibrán Rico López Jesús Vázquez Gómez Deseño: desescribir Ilustracións: Álvaro Valiño Traducións Gabriel Álvarez Alma López Páxinas: 48 Tamaño: 165 x 220 mm Idioma: Galego / Inglés / Castelán / Alemán / Francés / Italiano / Chino / Xaponés / Coreano Impresión: Ófset CMYK Encadernación: Tapa dura / Acordeón Papeis: Sirio Limone Fedrigoni Impresión: Agencia Gráfica Encadernación: Pino ISBN: 978-84-124260-8-3