Aquel Cerdedo louzán das cinco mil almas, das tres bandas de música e dos dous equipos de fútbol avellentou mal. Aquel vizoso Cerdedo preditatorial encama hogano a súa osame maltreita. A súa faciana amosa os efectos irreversíbeis dunha dieta pobre en calcio e as consecuencias dunha histérica e chambona cirurxía. O sancristán da crise tanxe, metódico, as campás a toque de defunto. Non obstante, Cerdedo agocha en si mesmo o antídoto contra este veleno paralizante. Urxe, pois, asollalo, liberalizar a súa patente;descifrármonos novamente, redescubrirnos, estimándonos no que fomos para atinxir o que degoxamos ser. Número de páginas: 324 Año de edición: 2012.0 Editorial: RINOCERONTE EDITORA S.L. Idioma: GLG Autor: Solla Varela, Carlos EAN: 9788415166351 Código interno: 226912