«A invisível unión de cada módulo, transparencia que invade as superficies no cristal elevado a teoría, fragmentando a visión das perspectivas, multiplicando os ángulos: como aquel dogma pop da imaxe múltiple, exaltación artística da industria, a distorsión de obxectos repetidos. Intuindo un deserto imposibel, soñado tras a liña dos bloques de edificios, ábrese unha cicatriz subconsciente na húmeda pel atlántica: labaradas de gris centroeuropeo coa súa pulsión suicida, co substrato de fondura telúrica no noso espírito neutro. Esa navegación dos edificios e a onírica invasión das sombras vexetais: reconstruíndo o que a palmeira usurpa, o que os ollos non ven nos edificios, explorándolles as tripas lentamente. Aquí pode un sentirse ameazado pola perda total da identidade, que se acolle a outra esencia superior, opaca e violenta. Nos cosmos das paredes, as blasfemas urxentes que a man trema: declaracións de amor, miserias asumidas, furia escrita. Inequivocamente humanas as cortinas. Símbolos persoais da súa existencia onde cecais o humano sexa algo accidental, forza maior. Intuíndo a derrota futura da simetría vendida polo tempo, a vellez asumida de materia.» —Extracto do texto de Lois Pereiro «Polígono de Elviña: o frío edificado». Publicado orixinalmente no número 1 da revista La Naval, en marzo de 1985. A serie «Unidade veciñal» de Tono Mejuto foi seleccionada para formar parte da exposición «Edita: secuencia/sentido» no CGAC de Santiago de Compostela, comisariada por Miguel von Hafe. 2015 Tono Mejuto Tono Mejuto fórmase entre as escolas de Arquitectura da Coruña, Graz e Santiago de Chile e forma parte do grupo de acción-investigación urbana ergosfera. Paralelamente, no eido das artes visuais, asiste a diversos cursos impartidos por Jorge Ribalta, Isaki Lacuesta ou Xavier Ribas, entre outros. No 2012-13, cursa o Máster en Fotografía Blank Paper en Madrid e é seleccionado por Patrick Remy para a súa participación no festival Planche(s) Contact de fotografía de Deauville, ao que volvería como invitado na edición do 2014. Ficha técnica Ref: f.04 Título: Unidade Veciñal Publicado: 20/01/2015 Tirada: 500 Numerado: Si Asinado Si Fotografías: Tono Mejuto Textos: Andrés Fernández-Albalat Tradución inglés: Tom Mallet Idea editorial: Cibrán Rico Suso Vázquez Edición: Tono Mejuto Deseño: desescribir Páxinas: 56 Tamaño: 142 x 210 mm Idioma: Galego / Castelán / Inglés Impresión: Offset Encadernación: Cosido «singer» Sobrecuberta: Sensation Matt Tactile 170 g/m² Tipografía: Monotype Grotesk Papeis: Ultimatt 115 g/m² Coloraction 80 g/m² Imprenta: Eurográficas Encadernadora: Legatoria ISBN: 978-84-940115-3-5 Notas: A producción deste libro contou co apoio de Antalis